Coitelos

Dentro da coitelería típica da zona, atopamos diversos modelos según o uso que lle queiramos dar. Todos eles están fabricados en aceiro ó carbono, traballado e templado en forxa de carbón para conseguir unha calidade óptima de corte. Polo xeral, os mangos son feitos con madeira de cerdira.

 

 

Preme na imaxe para ver os diferentes tipos de coitelos

Navallas

Vivindo na zona en que vivimos non podiamos deixar pasar a oportunidade de aprender a facer navallas. Creadas na súa totalidade polas nosas mans e ampliando día tras día a variedade tanto de materiais como de formas e detalles, non deixan de cumplir os desexos de moitos dos coleccionistas que pasan polo noso taller.

 

Preme na imaxe para ver os diferentes tipos de navallas.

Fouciños

Ferramentas de corte fabricadas para segar, rozar maleza ou podar árbores. Están fabricados con aceiro ó carbono e incorporan un mango de madeira de chopo ou bidueira. 

O método de fabricación é completamente artesanal, traballado e templado en forxa de carbón e afilado en moa de auga.

 

Preme na imaxe para ver os diferentes tipos de fouciños

Adornos e agasallos

No amplo campo da forxa, tamén facemos pezas de decoración e regalos personalizados e calquera tipo de peza que o cliente desexe.

 

 

Preme na imaxe para ver os diferentes tipos de fouciños

contador de visitas gratis

Idioma


Comparte esta páxina